jueves, 7 de junio de 2012

"Galicia nas Terras da Gaita". Cambios no programa

"Galicia nas terras da Gaita" chega a Vigo. Chegou o momento no que os gaiteiros europeos, que participan no circuito actúen en Vigo, e nos fagan disfrutar coas suas melodías.
As actuacións serán hoxe e o sábado. Hoxe, xoves 7 de xuño, ás 21:30 horas da noite, actuarán no auditorio de Matamá, ofrecendo un concerto didáctico.
O sábado, houbo un cambio no programa debido o clima. Posto que para o sábado dan previsións de choiva, o concerto destes artistas, terá lugar ás 20:30 horas da tardiña, no auditorio Municipal.

Non volo podedes perder, esta semana o programa "Galicia nas Terra da Gaita" está en Vigo, para asombrarnos a todos co seu ben facer.

No hay comentarios: