martes, 26 de junio de 2012

Festa da Cultura de Vigo 2012

Achégase o mes de xullo, e outro ano máis poderemos disfrutar da Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; o 7 e 8 de xullo tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo.



A directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, xa levamos uns meses traballando na organización desta gran festa. Unha festa na que reunimos e congregamos a todo o que representa a Agrupación, para mostrarlle a xente da rua o que facemos durante o ano.
Haberá actuacións de forma continua dende a mañán ata a noite e o  gran concerto, de Son de Seu como peche de festa, o domingo a noite.
Pero ademáis este ano haberá varias novidades: o sábado a noite teremos un serán, no que poderán participar todos os que queiran; haberá postos artesanais, de gaitas, telas, zocos, agasallos feitos a man,....Aínda que se hai que destacar algo, ese será o gran concerto que ofrecerán 150 gaiteiros, pertencentes os noso colectivos, o domingo o mediodía.




Como poden ver, moitas son as novidades que este ano terán lugar na Festa da Cultura de Vigo. O longo desta semana, informarémosvos de toda a programación, e todo o que esta festa conleva.
Xa sabedes, o sábado e domingo 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na na Porta do Sol en Vigo, coa Festa da Cultura 2012, unha das festas máis importantes da cidade de Vigo.

No hay comentarios: