jueves, 12 de mayo de 2011

Celebración do día das letras galegas nas nosas entidades

Baile, gaitas, panderetas, teatro...unha morea de diversas e variadas actuacións, son coas que as nosas entidades, celebrarán o día das Letras Galegas. Moitos son os actos, que se realizarán por todo Vigo, dende hoxe ata o próximo martes, 17 de maio.


Dende a Agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo, queremos informarlles das actividades que se celebrarán, para que poidan pasar este día das letras galegas, entretidos con festivais que as nosas entidades se esmeran en organizar para o seu desfrute.
Moitos destes actos van dirixidos a a recordar o autor homenaxeado este ano, Lois Pereiro; pero tamén habrá actuacións de teatro e folclore en cada unha das entidaes; e incluso un dos nosos grupos, viaxará ata Castellón, para levar ata este lugar a cultura e tradición galega.
Os festivais que se levarán a cabo serán os seguintes:
- Centro veciñal e cultural de Valladares
Día 17 de maio
- obra de teatro "Historias peregrinas"
- recitado de lecturas e poesías en galego

- Centro cultural e artístico Rueiro
Día 12 de maio - lectura da vida e obras de Lois Pereiro. As 20:00, no salón de actos de complexo parroquial Cristo da Victoria
Día 16 de mayo - noite das letras galegas: lectura de poesñia, cantos e música galega.As 20:30
Día 17 de maio - Obra de teatro: "o cadáver do señor García". Representada polo grupo de teatro "Tarantela" do CRC Beade. As 19:30, no complexo do Cristo da Victoria

- Centro cultural "Helios" de Bembrive
Día 15 de maio - actuación de baile moderno. As 12:00
- actuación da banda de gaitas Charamuscas. As 20:00
Día 17 de maio - actuación da banda de música Ateneo e a coral de Bembrive. As 12:30
- actuación do grupo de baile, "Cans de palleiro", acordeóns 2Algareiro", e o frupo folc "O son das ondas". As 19:00

- Sociedade Cultural e Deportiva Atántida de Matamá
Día 17 de maio - lectura da biografía de Lois Pereiro; recital de poemas; actuación do grupo de gaitas, cantareiras e baile; presentación do grupo de acordeóns

- Asociación folclórica Andarela
Días 13, 14 e 15 de maio - viaxarán ata Castellón, o festival internacional de Danses. Alí actuarán o dia 14 e 15 pola tarde, mostrando o seu mellor baile

Como poden comprobar, hai un ampla programación para desfrutar deste día. Esperemos que sexa do seu agrado, e que asistan a algún dos festivales que as nosas entidades realizarán estes días.

No hay comentarios: