jueves, 19 de mayo de 2011

Tenis de mesa en Bembrive, fase de ascenso a 1ª división Nacional


Esforzo, moitas horas de entrenamento, superación,...estes son os requisitos que o equipo Helios B.T.M. mantén día a día dende o seu comezo. Gracias os cales, esta fin de semana, os días 21 e 22, disputarán no pavillón de deportes Vicente Álvarez de Bembrive, a fase de ascenso a 1ª nacional de tenis de mesa.



Foi hai 6 anos, cando un grupo de tan só 5 xogadores, decidiron formar un equipo de tenis de mesa, pertencente a Sociedade Recreativa, cultural e deportiva Helios de Bembrive. En este breve periodo de tempo, non só destacaron no tenis de mesa galego, senón que chegaron a nivel nacional.
Na actualidade, conta con 26 fichas federativas e con tres equipos competindo nas ligas de 2ª división galega; 1ª división galega e 2ª división nacional. Cabe destacar, que a 1ª división galega é a máxima categoría galega.
Nesta tempada 2010- 2011, poderían alcanzar un histórico triple ascenso de categoría, pois os tres equipos foron campións das suas respectivas ligas, e soamemte queda pendente o ascenso a 1ª división nacional.
Ademáis de destacar na liga galega e nacional, tamén acadaron grandes logros en distintos campionatos disputados. Quedando aínda pendentes de disputar, campionatos galegos en tódalas categorías, así como o torneo de verán de Bembrive.
Non cabe dúbida de que a calidade humana, o esforzo, humildade, compañeirismo e sacrificio; foron os ingredentes ideales para o éxito de este club.
Os días 21 e 22 deste mes de maio, teñen unha importante cita no pavillón Vicente Álvarez da súa parroquia, na cal podrán ascender a 1ª nacional de tenis de mesa. Nesta disputa, competirán contra equipos de Santiago, Ferrol, León, Avilés, San Sebastián,...
Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, desexámoslle o noso apoio e sorte, para que poidan alcanzar este soño que durante toda a tempada estiveron perseguindo. Sexa cal sexa o resultado, nunca esqueceremos o nivel; o éxito e todo o que estes rapaces conseguiron, nestes 6 anos de vida do gran equipo de tenis de mesa, Helios B.T.M.

No hay comentarios: