martes, 10 de mayo de 2011

Programación de maio, da S.C.D.R. Helios de Bembrive

Gracias a S.C.D.R."Helios", os veciños da parroquia viguesa de Bembrive teñen un mes de maio cheo de actividades e entretemento para tódalas idades. Serán moitos os actos, representacións, actuacións,...que a directiva deste centro deportivo e cultural organiza.


A S.C.D.R. "Helios", encóntrase a uns poucos quilómetros do centro da cidade de Vigo, situada na parroquia viguesa de Bembrive. Unha parroquia, da cal, as suas primeriras mencións remóntanse o ano 915.
O patrimonio artístico deste lugar concéntrase na iglesia parroquial de Bembrive, construída no siglo XII; o cruceiro do "Cacheno", do siglo XVIII; os 137 horreos, os cales contan con máis de cen anos de historia.
A demanda de cultura dos veciños de Bembrive, é cuberta polos centros socioculturales "Xestas" e "Helios", os cales forman parte da Agrupación de centros de portivos e culturais de Vigo. Estes son os encargados de fomentar a cultura, o ocio, as actividaes de tempo libre para tódolos veciños desta parroquia.
Respecto a S.C.D.R. "Helios de Bembrive" , data de comenzos do siglo XX pola actividades da Irmandade de Labradores e Gandeiros, que formou a coral "helios". Dende aquela fecha, día a día, e ano tras ano, este centro socio deportivo e cultural, cubre o tempo dos veciños desta parroquia e arredores, con actos culturais, educativos, informativos..case tódolos fines de semana do ano.
Dende a Agupación de centros deportivos e culturais de Vigo, queremos convidalos os actos que a directiva desta sociedade deportiva e cultural organizou para o mes de maio:
- Día 14: grupo de teatro "escoitade", as 21:00
- Día 18: cérrase o prazo para a excursión as Illas Cíes, que terá lugar o 28 de xuño
- Día 21: actuación das corales "Allegro" e "Santa Clara de Lavadores"
- Día 21 e 22: fase final da Liga Nacional de tenis de mesa, da 1ª división masculina zona A. Terá lugar, no pavillón "Vicente Álvarez"
- Día 28: teatro de adultos. Levado a cabo por "Limiar teatro", as 21:00

Nada máis decirlles, que esperemos que asistan a algún destes entretidos actos, que dende a directiva da S.C.D.R."Helios" de Bembrive, organizan con gran ilusión e ganas, por fomentar a cultura e o entretenemento entre a población.

No hay comentarios: