viernes, 14 de septiembre de 2012

Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Coa volta de setembro, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo continuamos organizando eventos culturais, para toda a cidade de Vigo. Un dos próximos será a III parte do Encontro Folclórico. 
O 30 de setembro, no auditorio da S.C.D.R. Helios de Bembrive, ás 18 horas; terá lugar a III xornada do Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. 
Trátase dun evento cultural que a Agrupación organizamos para que os nosos grupos folclóricos, teñan a oportunidade de mostrar ante o público, o gran estilo de baile e música que teñen.
Na III parte do Encontro Folclórico, os grupos participantes serán:
- A.F. Andarela
- G.F.A Buxaina
- G.F. Queixumes
- G.F. O Coto

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, somo os organizadores deste evento cultural; pero tamén hai que destacar a axuda da Diputación de Pontevedra, como patrocinadores e a S.C.D.R. Helios de Bembrive, como colaboradores .

Como poden ver, contamos con grandes actuacións, de grandes grupos, por eso os animamos a que non se perdan o III Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

No hay comentarios: