lunes, 24 de septiembre de 2012

Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Bailaríns, pandeiretas, gaitas...todo o que a música tradicional galega reúne, estará presente na III parte do Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, o próximo domingo 30 de setembro.
Xa son 8 os encontros folclóricos que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos. Trátase dunha forma de mostrar a xente, a gran calidade artística que teñen os nosos grupos de baile e música tradicional galega.

Este domingo, 30 de setembro, ás 18 horas da tarde, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive, terá lugar  a III parte do VIII Encontro Folclórico.Os grupos que actuarán, son os seguintes:
- A.F. Andarela
- G.F. A Buxaina
- G.F. Queixumes
- G.F. O Coto

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como organizadora de este evento queremos agradecer A Diputación de Pontevedra, que o patrocine; ademáis da colaboración da SCDR Helios de Bembrive.
O domingo, esperámolos ver no III Encontro Folclórico, un plan perfecto para pasar un outonal domingo de tarde.

No hay comentarios: