lunes, 17 de septiembre de 2012

Danza do Ventre, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Facer deporte, fortalecendo mente e corpo, aumentando a concentración, ademáis da flexibilidade e elasticidade dos nosos músculos. Todo isto conseguímolo coa Danza do Ventre, unha das actividades que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrecemos neste curso 2012/2013.
Danza do ventre, unha danza árabe, que combina elementos tradicionais do Oriente Medio xunto con outros do Norte de África. Na orixe, este baile facíao unha soa bailarina; aínda que agora podemos ver espectáculos con coreografías e varias compoñentes.
Esta danza é unha forma de fortalecer os músculos abdominais, aumentar a elasticidade e a capacidade mental de concentración e autoestima.
O horario do cursiño será os venres: pola mañán de 11:00 a 12:00 horas; pola tarde de 19:00 a 20:30 horas.
Se queredes máis información sen ningún compromiso, ou queredes matricularos, podedes chamar o teléfono: 886139670; ou achegaros ata o noso local, na rúa Panamá 2.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pensamos no voso entretemento e benestar teñades a idade que teñades. Por iso vos ofrecemos unha gran cantidade de actividades, para tódalas persoas e para tódolos horarios, o mellor prezo. ¡Informádevos, estades a tempo!

No hay comentarios: