jueves, 20 de septiembre de 2012

Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo

¿Queres coñecer o Casco Vello de Vigo, escoitando as lendas sobre cada un dos seus rincóns, o pasado e o presente da zona máis antiga e característica de Vigo? A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, dámosche a oportunidade, grazas as Rutas Teatralizadas.
As Rutas Teatralizadas, trátanse dunha visita, na que actores de teatro nos presentan os lugares máis importantes do Casco Vello de Vigo. Unha forma divertida, animada e diferente de coñecer a historia da cidade.
O paseo comeza na Praza da Pedra, e remata neste mesmo lugar; no cal o final da visita, actuará un grupo de música tradicional galega.
Os horarios das visitas son pola mañán, ás 12 horas; e pola tarde ás 19 horas.Os grupos que actuarán este sábado son:
- 12: 00horas- A.F. Os Trasnos da Gaita
- 19:00 horas- Grupo Etnográfico A Buxaina

Se queren inscribirse nas visitas, poden facelo no facebook: www.facebook.com/vigovello.cca
Esperámolos ver este sábdao no Casco Vello; e recorden que ata o 13 de outubro teñen a oportunidade des participar nas Rutas Teatralizadas polo Casco Vello de Vigo.

No hay comentarios: