miércoles, 19 de septiembre de 2012

Cursiños do CVC de Valladares

O CVC de Valladares xa ten aberto o prazo de inscripción, de varios cursos que darán comezo en outubro. Trátase de diferentes cursiños para tódalas idades e personalidades, con diferentes horarios.
Encaixe de bolillos, fotografía, multimedia, relaxación e papiroflexia; este son as actividades que o CVC de Valladares ofrecerá dende o mes de outubro, nas suas instalacións. Os horarios son os seguintes:
- Fotografía: luns e mércores- 21:00 a 22:30 horas; mércores- 11:30 a 13:00 horas
- Encaixe de bolillos: xoves- 16:30 a 18:30 horas
- Multimedia: luns, mércores e venres- 16:30 a 18:30 horas
 Este curso impartirase dende o 24 de setembro. Está destinado a persoas maiores de 55 anos
- Relaxación terapeutica: martes- 19:30 a 20:30 horas
- Papiroflexia: sábado- 17:00 a 19:00 horas

Como poden ver, trátase de cursos diferentes, os que non son habituales impartir en as asociación e entidades.
Se precisan saber máisinformación, poden achegarse polo CVC de Valladares en horario de oficina; ou chamar o número de teléfono: 986467053.

No hay comentarios: