lunes, 17 de septiembre de 2012

VIII Marcha Popular polos monte veciñais en man común de Cabral e Candeán

Camiñar por monte e parques forestais, disfrutando da natureza e das preciosas paisaxes e vistas viguesas....Que máis podemos pedir para pasar unha relaxada mañán de domingo.
Por VIII ano consecutivo, a Asociación Cultural O Coto, organiza a marcha Popular Común polos montes en man común de Cabral e Candeán.Unha marcha para facer deporte, para pasalo ben coa compañía dos nosos veciños e veciñas e por suposto para disfrutar da maravillosa terra galega.
Este domingo, 23 de setembro, ás 10 da mañán, dará comezo esta marcha popular, xa coñecida por moitos de vós. O lugar de inicio, será o Parque Forestal do Vixiador; e rematará no Parque Forestal de Corogrande (Becerreira)
Haberá un autobús gratuito para voltar o punto de partida, no que comezou a marcha.Se queredes recibir máis información, entrade na páxina web: www.ocoto.org

Debemos agradecer a organización desta Marcha, a Asociación Cultural O Coto, sendo xa o VIII ano consecutivo que a organizan; e por suposto a tódolos colaboradores.


No hay comentarios: