jueves, 30 de agosto de 2012

XXVII Romaría do Vixiador

Este domingo, 2 de setembro, no parque forestal de Candeán en Vigo, terá lugar o XXVII Romaría do Vixiador, unha festa celebrada dende hai moitos anos, a que non se pode faltar.
Unha das paraxes máis fermosas de todo Vigo, este domingo está en festas. terá lugar unha vella Romería, na que poderemos disfrutar gracias a comida, música, xogos e a compañía de todo a xente que quere pasar un domingo de festa.

Será un domingo completo dende a mañán ata a tarde:
- 11:00 horas. Degustación gastronómica con churrasco e criollos, mexillóns, pementos, pan de cea e viño
- 12:00 horas. Actuación da banda escola de música de Candeán. Pregón a cargo do actor Tacho González
- 13:00 horas. Actuación do grupo de baile galego Tralovelo de Meira
- 14:00 horas. Xantar campestre
- 17:00 horas. Xogos populares
- 18:00 horas. Sorteo de rifas dun carneiro, xamón e bacallau
Durante todo o día, voluntarios da Cruz- Vermella desenvolveran obradoiros creativos dirixidos os máis pequenos.

Esta gran romaría está organizada pola Comunidade de Montes, U.V.C.D. de Candeán, irmandade de festas Patronais e Xunta Parroquial. Colaboran: Deputación de pontevedra; Concello de Vigo; Cruz Roja Española e Novagalicia Banco

No hay comentarios: