jueves, 18 de octubre de 2012

VI Ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral"

O CVC de Valladares continúa por sexto ano consecutivo co ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral". Este domingo, haberá unha actuación, do grupo de Teatro Escoitade, do CVC de Valladares.

O grupo de Teatro Escoitade representará e fará a estrea da sua nova obra: "A Fatídica Festa do ano da Serpe". Baseada nos mediados do século XX, do gran estado chinés; trátase dunha representación chea de mortes, misterio e intriga. Unha forma perfecta de pasar unha tardiña de domingo de outono.

Este espectáculo, terá lugar este domingo, 21 de outubro, ás 20:30 horas da tarde, no auditorio do CVC de Valladares.
O Ciclo de Teatro Aficionado "Valladares Teatral" está organizado pola área de cultura do CVC de Valladares; patrocinado por AGADIC  e FEGATEA;  e colabora o grupo de Teatro Escoitade.

No hay comentarios: