jueves, 25 de octubre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Outro ano máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, volvemos a celebrar a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo.

Dende xa fai uns anos, polo mes de novembro, teñen lugar en Vigo, unha serie de actuacións teatrais en diferentes centros culturais da cidade. Sendo as obras representadas, por diferentes grupos de teatro pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
A Agrupación organizamos a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, coa intención de promocionar o teatro pola cidade olívica. Desta forma axudamos os nosos grupos a expandirse entre a poboación, representando as obras que durante tantas horas de ensaio preparan.

As actuacións terán lugar tódolos sábados dende o 3 de novembro, ata  1 de decembro, ás 20 horas da tarde; exceptuando o sábado 10 de novembro, que non haberá ningunha representación.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo queremos agradecer o Concello de Vigo a colaboración con este proxecto. Ademáis de agradecer os grupos participantes o seu entusiasmo por participar; e os centros culturais que nos permitir ocupar os seus auditorios para realizar as actuacións, da Semana de Teatro Afeccionado.

No hay comentarios: