Este sábado, 21 de abril terá lugar o X Serán do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, no cal poderemos bailar, cantar e tocar; ademáis de beber e comer. Moita festa será o que habrá esta fin de semana, na parroquia viguesa de Valladares.
Todas aquelas persoas e colectivos que queiran disfrutar dunha noite de troula, non teñen máis que ir ata este serán. Poderedes participar da maneira que máis vos apeteza. O único que hai que levar son ganas de festa.
Ás áreas de cultura e festexos do CVC de Valladares, como organizadores deste evento, invítanvos a participar e a disfrutar do X Serán do Centro Cultural e Veciñal de Valladares.
Non podedes faltar, este sábado 21 de abril, ás 22 horas da noite, imos todos a Valladares a disfrutar da festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario