miércoles, 17 de abril de 2013

Ciclo de Actuacións Vocalitis


A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, gústanos innovar, organizar e realizar novos proxectos. Como novidade deste ano 2013, organizamos un Ciclo de Actuacións do grupo Vocalitis, polos Centros Culturais que se atopan entre os nosos colectivos.

Vocalitis, un grupo máis que coñecido por moitos de nós; un gran grupo de artistas por descubrir para todos os que non o coñezades.
Non se trata só dun grupo de bos cantantes. Vocalitis é un grupo de grandes músicos, que nos axudan a escoitar a música dunha maneira diferente. Sentimos a música dunha forma profunda, grazas ás increíbles voces destes artistas.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos que todos vós teñades a oportunidade de coñecelos e disfrutar dos seus excelentes concertos. Por isto, ó longo deste ano 2013, o grupo Vocalitis actuará en cada un dos Centros Culturais que nos forman.

Ciclo de Actuacións Vocalitis, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo está a punto de comezar. Xa está ahí a oportunidade de disfrutar deste excelente grupo de ópera, con un toque innovador.
Este Domingo, 21 de Abril, ás 20:00 horas no C.C.D Atlántida de Matamá, terá lugar a primeira actuación do Ciclo de Actuacións Vocalitis. 

A Agrupación como organizadora do evento, xunto có C.C.D. Matamá como colaborador,  invitámosvos a asistir a este gran concerto.
Recordade, este Domingo, no C.C.D Matamá, tedes unha cita á que non podedes faltar.

No hay comentarios: