viernes, 26 de abril de 2013

Campionato Provincial de Patinaxe Artística, en Valladares

Horas e horas de entrenamento, forza, pasión, sufrimento...os rapaces e rapazas que mañán participarán no Campionato Provincial de Patinaxe Artística pasaron por todas estas facetas nos seus anos de vida. Dende moi pequenos entrenan, para chegar e concursar en campionatos tan prestixiosos como o que mañán terá lugar en Valladares.

Mañán, sábado 27 de Abril, a partir das 10 da mañán, celebrarase o Campionato Artístico Provincial de Patinaxe Artística sobre rodas. Está organizado polo Club de Patinaxe Artística de Valladares.
No concurso poderemos disfrutar das modalidades de libre, parellas e figuras obligatorias, nas categorías de cadete a senior.
Un verdadeiro espectáculo deportivo é o que se vivirá mañán, no Pavillón Polideportivo de O Pedregal, en Valladares. 
Os rapaces participantes, demostrarán moita forza e unha gran perfección nas suas coreografías. Por iso merece a pena asistir e disfrutar das intervencións destes grandes patinadores.


No hay comentarios: