viernes, 26 de abril de 2013

Día Internacional da Danza


Esta mañán tivo lugar a presentación do Día Interncional da Danza. O Concelleiro de Cultura Cayetano Rodríguez e o noso presidente Roberto Giráldez, nos informaron do acto que terá lugar este Domingo, en homenaxe a Georges Noverre, bailarín franés do siglo XVIII.


Este Domingo 28 de Abril, ás 12 horas, en cinco lugares emblemáticos da cidade de Vigo, actuarán varios grupos para celebrar o Día Internacional da Danza.

Os lugares nos que poderedes disfrutar das actuaciones e os grupos que actuarán son:
- Alameda de Bouzas: G.F.Os Ventos de Comesaña; G.F. Semente Galega
- Rúa Peonil do Calvario: A.F.Andarela; A.F. Traspés
- Praza do Emigrantes: A.F.Asubío; A.F. Queixumes
- Sanjurjo Badía/Enrique Lorenzo: A.F. Lembranzas Galegas; G.F. Helios de Bembrive
- Montero Ríos/ Pablo Morillo: G.F.Airiños do Coto; G.F. Atlántida de Matamá; G.F Cotogrande- Cabral

Como podedes ver, esta é unha mostra máis da forza cultural coa que conta a cidade de Vigo. O Día Internacional da Danza, é unha data celebrada en todo o mundo, elixindo as cidades mais importantes para realizar os actos. 

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como organizadores deste evento, invitámosvos a todos a que disfrutedes deste día da Danza, acercándovos a valorar e a ver as magníficas actuacións que os noso grupos folclóricos realizarán.

No hay comentarios: