jueves, 11 de abril de 2013

Segunda Parte do IX Encontro Folclórico


Despois do éxito da primera parte do IX Encontro Folclórico, celebrado o pasado Marzo na SCDR Helios de Bembrive, a segunda parte xa está ahí, para facernos disfrutar a todos de novo, cos grandes grupos e grandes artistas que actuarán.


Corisco, Rueiro, Froles Novas e Ledicias, estes fantásticos grupos de folclore gallego, son os que paraticipán no próximo Encontro Folclórico que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.
domingo 28 de abril, ás 18 horas, no auditorio do CVC de Valladares, celebraremos a segunda parte do Encontro Folclórico, grazas a colaboración do Centro Cultural e Veciñal de Valladares.

O Encontro Folclórico, trátase dunha perfecta ocasión para disfrutar dos grupos folclóricos da cidade de Vigo, grazas os seus bailes, os seus traxes, a súa posta en escea. Ademáis de para valorar o traballo que durante todo o ano realizan.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, invitámosvos a segunda parte do IX Encontro Folclórico, á que non podedes faltar. ¡Esperámosvos!

No hay comentarios: