Se che gusta o deporte, anímate e ven a correr o día 12 de outubro, a Carreira da Amizade que a S.C.D.R.Helios de Bembrive organiza, dende xa fai 27 anos.
Este mércores 12 de outubro, festivo nacional, ás 10:30 da mañán, terá lugar unha importante carreira, que xa se leva realizando dende fai 27 anos. Son moitas as persoas que participaron nela, moitas as experiencias que estas persoas viviron.
A Carreira da Amizade, non ten outro propósito que o de pasar unha mañán entretida, coñecendo xente e vivindo momentos moi especiais. Pero sobre todo facendo deporte, algo moi importante para a nosa saúde física e mental.
Calquera persoa a que lle apetece pasar un bo rato, soamente ten que achegarse ata a oficina da S.C.D.R. Helios de Bembrive, e incribirse nesta carreira, que será realizada pola zona de Bembrive.
Pode incribirse tamén chamando o número de teléfono 986 425656, ou mandando un e-mail, a dirección de correo: cchelios@mixmail.com. O prazo para anotarse remata o día da carreira, ás 10:00 da mañán.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos animar a esta sociedade para que siga organizando esta carreira; e por suposto agradecer tamén a participación e axuda de tódolos colaboradores da XXVII Carreira da Amizade Bembrive.
Este mércores 12 de outubro, festivo nacional, ás 10:30 da mañán, terá lugar unha importante carreira, que xa se leva realizando dende fai 27 anos. Son moitas as persoas que participaron nela, moitas as experiencias que estas persoas viviron.A Carreira da Amizade, non ten outro propósito que o de pasar unha mañán entretida, coñecendo xente e vivindo momentos moi especiais. Pero sobre todo facendo deporte, algo moi importante para a nosa saúde física e mental.
Calquera persoa a que lle apetece pasar un bo rato, soamente ten que achegarse ata a oficina da S.C.D.R. Helios de Bembrive, e incribirse nesta carreira, que será realizada pola zona de Bembrive.
Pode incribirse tamén chamando o número de teléfono 986 425656, ou mandando un e-mail, a dirección de correo: cchelios@mixmail.com. O prazo para anotarse remata o día da carreira, ás 10:00 da mañán.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos animar a esta sociedade para que siga organizando esta carreira; e por suposto agradecer tamén a participación e axuda de tódolos colaboradores da XXVII Carreira da Amizade Bembrive.
No hay comentarios:
Publicar un comentario