jueves, 10 de febrero de 2011

I Concurso de Gaita para solistas

Roberto Giráldez, Presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, presentou xunto con Xesus López, Concelleiro de Cultura, o I Concurso de Gaita para Solistas do Concello de Vigo.
Esta iniciativa da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ponse en marcha coa colaboración da Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. O concelleiro de Cultura sinalou que o concurso está dirixido a solistas, ao considerar que "unha soa gaita permite apreciar mellor a súa interpretación", además indicou que este "é un concurso con prestixio, singular e diferente dos que ata o de agora hai en marcha". Xa que é a primeira vez nesta cidade que se realiza un concurso para gaiteir@s solistas.


Agradeceu ao presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, a súa colaboración, porque asegurou que con persoas como Roberto Giráldez e o seu equipo "é moi doado facer cousas e que saian adiante"


Roberto Giráldez explicou que poderán participar os gaiteir@s que o desexen, acompañados dun tambor e un bombo, vestidos cos traxes tradicionais e que só se admitirán instrumentos tradicionais galegos. apuntoy que o concurso vaise celebrar o 30 de abril "sempre e cando non se superen as 10 inscricións" e que si hai máis habetá unha fase eliminatoria anterior o 14 de abril.


Concederanse tres premios, dotados con 2.000, 1.000 e 500 euros, respectivamente, así coma 100 euros en "gastos de participación" para os que participen na fase final o 30 de abril. O xurado estará composto por "persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional", que valorarán tanto a interpretación como o vestiario dos participantes.


Para rematar, Roberto Giráldez agradeceu á Concellería de Cultura o seu traballo, porque asegurou que "o doado é facer propostas e que esas propostas sexan atendidas". As bases poderán consultarse na páxina web da Concellería de Cultura e na da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.

No hay comentarios: