jueves, 24 de febrero de 2011

VI Encontro Folclórico

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos a VI Edición do noso Encontro Folclórico. A primeira parte deste festival celebraráse o domingo 27 de febreiro na Sociedade Cultural e Recreativa Helios de Bambrive.


O Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, nace no ano 2005 grazas a unha proposta do noso actual Presidente, Roberto Giráldez, que naquel momento presidía unha das entidades federadas.

A súa idea tiña, como obxectivo principal, dar a coñecer á cidadanía o saber facer, mantemento e recuperación do noso folclore. Asemade, esta xornada serviría para que os grupos participantes interactuaran entre eles e intercambiaran experiencias, o mesmo tempo que potenciaban a
nosa Cultura e achegaban ós demáis as súas mostras artísticas.

Catro son os festivais que, repartidos ó longo de todo o ano, e a celebrar en 4 centros culturais distintos, dan cabida a 15 grupos folclóricos dalgunha das entidades que conforman esta Agrupación, a máis de 300 artistas no esceario e a máis de 1.000 persoas de público.

Con catro grupos por xornada, que farán as delicias dos asistentes durante 20 minutos de actuación, o público disfrutará dunha boa mostra festiva da nosa cultura. Dende a Agrupación seguiremos a traballar na mellora deste Encontro Folclórico, así como no resto de actividades culturais e deportivas que realizamos durante todos os meses do ano.

Nesta primeira xornada actuarán os grupos folclóricos:
  • A.F. Corisco
  • A.F. Queixumes
  • G. Etnográfico A Buxaina
  • G. Folclórico da S.C.D.R. Helios de Bembrive
Agora, so queda convidarvos a que disfrutedes con nós do traballo dos nosos. Esperámos veros a todos por alí.

No hay comentarios: