miércoles, 23 de enero de 2013

Curso de Fotografía no C.C. Rueiro

¿Cantos de vos tedes cámaras de fotos na casa e non sabedes sacarlles partido; tedes dúbidas cando queredes sacar unha foto ou simplemente queredes saber máis de fotografía? Para todos vós, o C.C. Rueiro organiza o curso perfecto.

O 2 e 9 de marzo, de 10 a 12 horas,  o C.C. Rueiro, organiza un cursiño de fotografía, para todo aquel que queira aprender o arte de usar unha cámara fotográfica. 
Serán duas sesións teórico- prácticas, nas que aprenderedes dende a usar a cámara, ata sacar as mellores fotos en exterior e en interior.
Soamente é preciso, ter unha cámara e nocións básicas de informática; e por suposto as ganas de aprender e pasalo ben.

A data límite para anotarse é o 21 de febreiro. As plazas do cursiño, son 15, que serán cubertas rigurosamente por orde de inscripción. Poderedes anotarvos na secretaría do C.C. Rueiro, sendo o seu horario, mércores e xoves de 18 a 20 horas.

Poderedes asisitir  polo único prezo de 3 euros os socios e 5 euros os non socios. Como podedes ver, unha ocasión única de asistir a ese cursiño que tanto necesitades e queredes.

No hay comentarios: