lunes, 27 de junio de 2011

Festa da Cultura de Vigo 2011

Se aínda non tes plans para esta fin de semana, non o dubides e pásate pola Festa da Cultura de Vigo. Será os días 2 e 3 de xullo, na Porta do Sol. Non a podes perder.


O sábado e domingo desta próxima fin de semana, na Porta do Sol en Vigo, terá lugar a Festa da Cultura 2011, unha cita que non pode faltar ninguén. Habrá moitas e variadas actividades durante todo o día. Será unha forma perfecta de pasar un bo rato, disfrutando da cultura da nosa cidade.
Dende ás 10 da mañán ata ben pasada a noite, habrá diferentes actuacións de grupos de gaitas, grupos de baile, grupos de acordeóns, teatro,...estas farán un pasarúas pos distintas rúas e zonas:do Casco Vello, Príncipe,... e despois deste tocarán no palco colocado na Porta do Sol.
Ademáis das diferentes actuacións, habrá stands montados, os cales representan os diferentes Centros Culturais e Asociacións que forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Por suposto non olvidar o concerto de Susana Seivane o domingo ás 22 horas, esta gran gaiteira actuará para todos nós, na Porta de Sol de Vigo.

Como ven, son moitos os motivos polos que non deben faltar a esta gran Festa da Cultura. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, temos moita ilusión e estamos traballando moito para que todo sexa do seu agrado.
Sen máis,invitalos a este gran acto que terá lugar este sábado e domingo, días 2 e 3 de xullo, durante todo o día, na Porta do Sol de Vigo.

No hay comentarios: