jueves, 23 de junio de 2011

Festival Folclórico no Casco Vello

Gaitas, panderetas, baile,...unha perfecta forma de representar a tradición galega e promover a cultura pola cidade de Vigo. Asi será o Festival Folclórico, que terá lugar este sábado, 25 de xuño no Casco Vello de Vigo.
Este sábado, ás 20 horas, na Praza da Pedra, non podemos faltar o Festival Folclórico organizado polo Centro Comercial Aberto Vigo Vello; coa colaboración do Concello de Vigo, e patrocinado pola Xunta de Galicia.
Será un festival animado, como xa foi o realizado o sábado da semana pasada, e que atrae a moita xente para disfrutar dunha boa tarde de verán, o carón do mar, pero sen saír do centro de Vigo.

Nesta xornada Folclórica participarán catro grupos, pertencentes a cidade de Vigo, os cales forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo:
- Grupo Folclórico da S.R.D. Atlántida de Matamá
- Grupo Folclórico Cotogrande de Cabral
- Asociación Folclórica Andarela
- Asociación Folclórica Queixumes

Este festival, forma parte do Proxecto Casco Vello, que é a unión do Centro Comercial Aberto Casco Vello e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Gracias a este proxecto habrá festivais na Praza da Pedra, tódolos sábados durante os meses de Xuño, Xullo, Agosto e Setembro.
Sen máis, dende Agrupación, queremos animalos a que se acheguen este sábado 25 de xuño, ás 20 horas, ata a Praza da Pedra, para disfrutar deste gran Festival Folclórico.

No hay comentarios: