martes, 21 de junio de 2011

VII Marcha Popular, organizada pola Agrupación Cultural "O Coto"

Que mellor plan se pode ter para un domingo pola mañán, que pasear polos montes de Cabral e Candeán, co aire fesco e puro que se respira gracias a natureza. Pois non teñen máis que animarse, e facer a marcha popular que a Agrupación cultural "O Coto" organiza o 26 de xuño, ás 11 da mañán. Facer deporte; disfrutar dunhas maravillosas vistas; pasar un bo rato;...todo isto e moitas cousas máis serán as que terán lugar este domingo, gracias a Marcha Popular polos montes veciñais en man común de Cabral e Candeán, organizada pola Agrupación Cultural "O Coto".
A marcha saldrá ás 11 da mañán do Parque Forestal de Cotogrande (Cabral), e rematará no Parque Forestal do Vixiador (Candeán). Realizarase un fermoso percorrido polos montes destas dúas parroquias viguesas, coincidindo na súa maior parte co Sendeiro panorámico de Vigo; e recorrendo un percorrido de 7 km aproximadamente.
Para máis comodidade, habrá un autobús gratuito que leve de volta os participantes dende o Parque Forestal do Vixiador, ata o Parque Forestal de Cotogrande, lugar onde terán estes o coche aparcado.
A hora de concentración será ás 10:30 da mañán, deste domingo 26 de xuño, no parque Forestal de Cotogrande. Hora na cal, se repartirá auga, un agasallo e o número de participantes. A partida desta marcha será ás 11 da mañán.

A Agrupación Cultural "O Coto", é dicir, a organizadora deste evento, quere dar un especial agradecemento os colaboradores/ patrocinadores, desta Marcha Popular:
- Concello de Vigo
- Comunidade de montes de Cabral
- Comunidade de montes de Candeán
- Vitrasa
- Fontecela
- Coca-Cola
- Impermeabilizaciones Chiño

Decirlles tamén que se necesitan máis información, poden chamar os números de teléfono: 986487957 ou 666589896.
Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos animalos para que participen nesta Marcha Popular, que a Agrupación Cultural "O Coto", con moita ilusión organiza. Por outro lado queremos animar a esta Agrupación, para que siga organizando eventos de este tipo, pois é unha boa forma de entreter e faer disfrutar a xente.

No hay comentarios: