jueves, 9 de junio de 2011

Fin de semana cultural no Centro Cultural Helios de Bembrive

A obra de teatro "o cadáver do Señor García"; "actuación especial de baile moderno", todo isto tendrá lugar esta finde semana no Centro Cultural Helios de Bembrive...unha fantástica forma de pasar unha boa fin de semana chea de diversión e cultura.


Sen dúbida, esta será unha fin de semana axetreada para a directiva de Helios, pois contan con diferentes actos durante a finde semana; todo isto para entreter as horas dos veciños deste Centro Cultural.
O sábado día 11 de xuño, as 19:30, intrepretarase no seu auditorio a obra de teatro "O cadáver do señor García". Unha obra, sacado do libro co mesmo nome, e publicado polo autor Enrique Jardiel Poncela, no ano 2007.
Esta obra, será representada polo grupo de teatro "Tarantela", do C.S.C.R. de Beade. Está adicado o público xuvenil e adulto.
Dende a Agrupción de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, cremos que non hai mellor forma para pasar un sábado a tardiña, que disfrutar cunha gran obra de teatro, o mesmo tempo que fomentamos a nosa cultura.

O domingo día 12 de xuño, as 18:00, realizarase neste mesmo auditorio, a "actuación especial de baile moderno". Este espectáculo non só se trata de baile, senon que é unha mezcla de baile, luces, fotos,...Sen dúbida, unha actuación que non se poden perder.
O grupo de baile moderno de C.C. Helios, leva traballando neste espectáculo máis dun mes. Non se trata dun traballo individual, senon que se trata dun traballo en conxunto dos nenos e nenas do grupo, da profesora, dos directivos do centro cultural,...unha dedicación e organización, que casi nos obliga a ver este espectaculo.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, non podemos facer outra cousa, que animaros a disfrutar desta fin de semana cultural en Helios, que pola calidade dos artistas que actuarán, non ten pérdida.

No hay comentarios: