lunes, 6 de junio de 2011

Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá


Unha sociedade con historia, traballo,...dende o ano da sua fundación a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, leva traballando por fomentar a cultura e o entretenemento entre os veciños desta parroquia viguesa.


Foi o 23 de agosto do ano 1963, cando a Xunta Xestora do Club Atlántida de Matamá, decidiu formar unha entidade que velara polos intereses culturales da parroquia, ademáis de facer para os veciños un centro de entretenemento e levar as rendas do deporte nesta parroquia. Así naceu, a Sociedade Cultural e Depotiva Atlántida de Matamá.
Son moitos os actos, actividades, festivais e excursións que leva organizado esta gran sociedade. Entre os máis destacados está: fútbol, coas categorías de afecionados, femenino e xuvenil; cultura, incluíndo teatro, coral, bandas de música,...; ocio, difrentes cursiños como encaixe de bolillos, ioga,...

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, estamos moi contentos e agradecidos da sua colaboración, pois sempre están dispostos a colaborar con nós. Concretamente, este pasado sábado 4 de xuño, celebrouse no auditorio desta sociedade, un Festival Musical, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, coa colaboración da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá.
No que levamos de ano 2011, nesta Sociedade da parroquia viguesa de Matamá, xa se celebraron diferentes actos e festivais, dende o Encontro Folclórico, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais; o Festival Musical, o cal xa nombramos antes; Festival de Bandas Infantís, organizado pola Deputación de Pontevedra.

Moito é o traballo e o esforzo que a directiva da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, leva realizado na súa andadura por este colectivo, mantendo a ilusión, ánimo e esforzo de superación en cada un dos traballos que realizan. Sempre co obxectivo de entreter e facer disfrutar os veciños desta parroquia viguesa.
Dende a Agrupación, seguimos animando a estes homes e mulleres que forman parte da directiva da Sociedade, para que sigan traballando, e por suposto a vostedes, para que sigan achegándose os festivais e actividades, que esta directiva organiza sen máis intención que a de facelos disfrutar e fomentar a cultura.

No hay comentarios: