miércoles, 29 de junio de 2011

Festa da Cultura de vigo. ¡Só quedan 3 días!


Tan só quedan 3 días, para que unha das festas con máis cultura teña lugar na nosa cidade. A Festa da Cultura de Vigo achégase, e non podo facer nada máis que animalos para non a perdan.

Son moitos os meses que a directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo levamos organizando esta gran festa. Despois de días e días de traballo, ahcégase a data na que a nosa cidade demostrará, en tan soamente dous días, a cultura que leva dentro.
Esta fin de semana, sábado 2 e domingo 3 de xullo, terá lugar a Festa da Cultura de Vigo na Porta do Sol. Nesta habrá actuacións de folclore, bandas de música, bandas de gaitas,...serán dous días nos que dende as 10 da mañán, ata ben pasada a noite,habrá moito máis que festa.

As actuacións no palco e os pasarúas, que levarán a cabo grupos das entidades pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, serán seguidos, e só pararán a hora da comida.
Cada grupo terá unha hora de actuación, media hora de pasarúas e o tempo restante enriba do esceario montado na Porta do Sol.
O Acto Central, no cal diversas autoridades visitarán os stands que cada colectivo ten montado e no cal darán un discurso, terá lugar o sábado ás 12:00 horas do mediodías.
Non podemos olvidar o gran concerto que o domingo ás 10 da noite, terá lugar na Porta do Sol, o cal non pode ser outro que o da gran gaiteira Susana Seivane.

Dende a agrupación queremos volver a invitalos a esta Gran Festa da Cultura de Vigo, que con moita ilusión e agrado levamos tempo organizando, para todos vos.

No hay comentarios: