martes, 14 de junio de 2011

Comezamos co proxecto Casco vello, este sábado Mostra de Danza Contemporánea


Este sábado 18 de xuño, varios grupos de baile moderno, reuniránse as 20 horas, na Praza da Pedra en Vigo. Será unha gran exhibición de bailes, na que as actuacións non deixarán indiferente a ninguén.

Dende este sábado, ata o mes setembro, terá lugar o proxecto Casco Vello. Un proxecto que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do concello de Vigo e do Centro Comercial Aberto "Vigo Vello".
Este consta cunha programación variada e entretida para tódolos públicos, no cal habrá actuacións de grupos folclóricos; baile moderno; grupos de gaitas...
Estas mostras terán lugar por diferentes puntos do Casco Vello, e incluso facendo pasarúas. Desta forma moita xente podrá disfrutar destas actuacións, o mesmo tempo que difundimos a cultura por tódolos puntos da nosa cidade.

A partir do día 18 de xuño, tódolos sábados do mes de xuño, xullo e agosto, o Casco Vello, contará coa actuación de diferentes grupos polas diferentes rúas desta preciosa zona de Vigo.
Todo isto sen olvidar, a Festa da cultura de Vigo, que terá lugar os días 2 e 3 de xullo, na Porta do Sol. A cal contará con actuacións de diferentes grupos durante todo o día; e o domingo pola noite, habrá o concerto estelar de Susana Seivane.

A primeira cita deste gran proxecto será "a Mostra de Danza Contemporánea" este sábado 18 de xuño, as 20 horas, na Praza da Pedra. Contaremos coas actuacións de catro grupos de baile moderno, pertencentes os nosos colectivos:
- Grupo de baile moderno do Centro Cultural e Recreativo de Cabral
- Grupo de baile moderno do Centro Veciñal e Cultural de Valladares
- Grupo de baile moderno do Centro Cultural "Helios" de Bembrive
- Grupo de baile moderno da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá

Sen dúbida ningunha, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos a que se acheguen este sábado ata a Praza da Pedra, para pasar un bó rato, disfrutando con grandes actuacións e incribles grupos, como son os de baile moderno dos nosos colectivos.

No hay comentarios: