jueves, 2 de junio de 2011

Festival Musical en Matamá


Este sábado, 4 de xuño ás 20 horas, reuniránse no auditorio da Sociedade Deportiva e Cultural Atlántida de Matamá, varios grupos de baile moderno. Será un acto cheo de ritmo, baile e boa música, cos que os grupos participantes nos farán disfrutar.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, con colaboración da Sociedade Deportiva e Cultural Atlántida de Matamá, organiza este sábado o "Festival Musical", no que participarán catro grupos de baile.
As actuacións serán as 20 horas do día 4 de xuño, no auditorio desta Sociedade, un lugar axeitado, para reunir a bailaríns e bailarinas, e por suposto a unha chea de espectadores que queren pasar un bo rato, cheo de música e baile.
Os grupos que actuarán neste "Festival Musical" serán:
- XALUNDES- DANZAS DO MUNDO (A.C.O Coto)
- Grupo de baile moderno do C.C. de Cabral
- Grupo de baile moderno S.C.D. ATLÁNTIDA DE MATAMÁ
- Grupo de baile AS FEITICEIRAS (C.V.C. de Valladares)

Os rapaces e rapazas, que actuarán nestes grupos participantes, están cheos de enerxía e gañas de facernos disfrutar, e pasar un bó rato. Demostraránnos unha fabulosa forma de bailar e unha incrible posta sobre o escenario, que só se consigue con moitas horas de ensaio.

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos invitalos a este fabuloso e entretido festival. Pois non hai mellor forma, para disfrutar dunha tardiña de sábado.

No hay comentarios: