jueves, 16 de junio de 2011

Festival "Fiando Miúdo", da Asociación Folclórica Andarela

Un festival animado, tradicional o mesmo tempo que actual, con moitas horas de traballo enriba...esta é unha pequena definicón de "Fiando Miúdo"; o cal terá lugar este domingo, 19 de xuño, no Centro Cultural de Beade. Se temos que nombrar a un grupo ou asociación, que difunda a cultura galega, non só polas nosas cidades, se non que tamén a nivel nacional e internacional, esa é a Asociación Folclórica Andarela. Promove o folclore galego, cunha calidade, que non deixa indiferente a ninguén; marcando o máis alto nivel alá donde vaian.
Tan só hai un mes, fixeron unha viaxe a Castellón, participando nun festival internacinal, no cal había grupos de Italia, Portugal,...e como non, fixeron unha incrible mostra da Cultura Galega.

O festival que se celebrará este domingo, trátase da 21 edición de "Fiando Miúdo", e podo asegurarlles que a pesar dos anos que se leva organizando, cada festival que pasa é mellor que o anterior; cousa que non vai cambiar no de este ano.
"Fiando Miúdo" non é máis que unha mostra do traballo que realizou durante todo este ano a Asociación Folclórica Andarela. Un traballo levado a cabo por tódolas seccións coas que conta esta Agrupación:
- Escola infantil de baile
- Escola de baile para maiores
- Grupo principal de baile
- Cantareiras e pandereteiras
- Grupo de gaitas

Estes grupos, non só nos fascinarán coa súa boa música e bo baile. Senon que tamén realizarán unha pequena representación teatral, na cal se mostra unha escea popular, para non olviadar a Galicia tradicional, da cal proven a nosa cultura.
Non podemos olvidar deste festival, a homenaxe que se realizará a tódolos socios incorporados no último ano e o profesorado da Agrupación. Todos estes, xunto cos artistas, os impulsores de que este festival se poida realizar ano tras ano, como se ven facendo dende hai 21 anos.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos animalos a que este domingo 18 de xuño, ás 19 horas, pasen polo Centro Cultural de Beade, para disfrutar do festival "Fiando Miúdo" da Asociaciñon Folclórica Andarela; o cal sen dúbida non terá perda.

No hay comentarios: