martes, 5 de julio de 2011

Somo Vigo. Somos Cultura

Despois de pasar esta fin de semana, e disfrutar da I Festa da Cultura de Vigo, soamente podemos dicir o gran éxito que tivo esta festa no centro de Vigo. Non hai palabras para decribir, estes dous días cheos de festa e cultura. "Somos Vigo. Somos Cultura", creo que estas palabras, son a as palabras exactas para describir a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e Vigo. Todo isto demostrouse esta fin de semana na Porta do Sol.
Actuacións de forma continua; stands representando a cada un dos nosos colectivos; unha gran afluencia de público;...que máis se pode pedir, para ser a I edición desta gran festa.
A directiva da Agrupación, estamos moi contentos da gran acollida que esta Festa da Cultura, tivo entre os vigueses e xente dos arredores. Moitas persoas pasaron para disfrutar da cultura da nosa cidade.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de vigo, queremos agradecer a todo mundo a gran implicación que houbo. As persoas dos nosos colectivos, que estiveron nos stands esforzándose para dar a mellor imaxe; os compañeiros que colaboraron con nós, axudándonos no bar, na recollida e montaxe das cousas; o público que asistiu para disfrutar do espectáculo;...
Sen máis, só esperamos, que para o ano a que será a II Festa da Cultura de vigo, sexa mellor que esta edición, correxindo calquer fallo que se poidera cometer, e facendo que todos vós, estdes máis a gusto.

No hay comentarios: