viernes, 8 de julio de 2011

Fin de semana no CVC Valladares

Música, concertos,...unha chea de actividades divertidas e cheas de cultura, son as que se levarán a cabo esta fin de semana non C.V.C. de Valladares. O sábado 9 de xullo e o domingo 10 de xullo, terán lugar en Valladares diferentes actos culturais, os que sen dúbida estades todos vos máis que invitados. A continuaciónse especifican as actividades que se realizarán:
Sábado 9 de xullo:
- 19:00 Actuación da Escola de música de Valladares
- 22:00 Actuación da cantante María do Ceo

Domingo 10 de xullo:
- 20:30 Espectávulo poético- musical, "Ecos de la noche", con David Fernández Rivera e Diego Pacheco

Sen dúbida, o C.V.C. de Valladares, mostra un gran interés por promocionar a cultura pola nosa cidade, organizando actividades e actos, durante todo o ano, adicados a todos vostedes.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, estamos encantados de contar con este centro cultural enter os nosos colectivos, e animámolos a que sigan traballando como o levan facendo ata agora.

No hay comentarios: