martes, 12 de julio de 2011

Concerto benéfico na S.C.D.R Helios de Bembrive

Un concerto sempre é algo que definimos como bo, canto máis se é un Concerto Benéfico, para axudar as persoas que o máis o necesitan...e que nós cun pequeno xesto, podemos salvarlle a vida a un pobre neno. O próximo venres, día 15 de xullo na S.C.D. Helios, terá lugar unha actuación do grupo "Os Coribantes de Buchabade". A recaudación, será entregada para a operación do neno Dayron, de 5 anos de idade. Este meniño, ten un tumor cerebral benigno, o cal se non é intervido quirúrxicamente, non sobrevivirá.
Foi a ONG "abriendo caminos" a que se puxo en contacto con esta sociedade, para pedir a súa colaboración; sen dubidalo aceptaron. Desta forma é como a ONG "abriendo caminos" e a S.D.C.Helios de Bembrive, patrocinan este gran concerto o vernes 15 de xullo, ás 21:30, no auditorio desta Sociedade.
A operación será levada a cabo no hospital "Nuestra Virgen de Fátima", cos cartos que se recollan neste gran Concerto beneéfico.

A Agrupación animámolos a asistir a esta audición, non só culturalmente falando, senon tamén pola causa que conleva este concerto. Poder axudar a operación dun neno, co simple xesto de asistir a un concerto, no cal a entrada costa 3 euros; creo que non ten prezo.
Cantas máis persoas asistan a este gran concerto, máis posibilidades habrá de poder pagar a operación de Dayron.

Dende a directiva, queremos animalos a que se acheguen este vernes o auditorio da S.D.C. Helios de Bembrive, ás 21:30. Ademáis de disfrutar do concerto dun bo grupo, podrán axudar a vida dun neno de 5 anos, cun pequeno xesto.

No hay comentarios: