jueves, 14 de julio de 2011

Marcha BTT, en Bembrive

Se vos gusta montar en bicicleta, este domingo 17 de xullo, tedes unha cita en Bembrive. As 10.30 da mañán, saldrá unha marcha BTT , da S.C.D.R. Helios, colectivo que a organiza. A S.C.D.R. Helios de Bembrive, organiza este domingo unha marvha BTT, que percorrerá os montes e pistas de Bembrive: merendeiro do Pouso, CUVI, as plantas,... Serán 17 km nos que podredes desfrutar da natureza, o mesmo tempo que practicades deporte.

A ruta terá unha duración aproximada de duas horas, tendo comezo as 10:30 da mañán, e rematando sobre as 12:30. O lugar de saída e de chegada será o centro cultural de Bembrive. Destacar que, na metade da marcha habrá un pequeno almorzo para repoñer forzas.
O remate da marcha, na S.C.D.R. Helios de Bembrive, habrá unha exhibición de Bikers, e un sorteo de agasallos par tódolos participantes.


Se necesitades calquer información, non dubidedes en acercarvos a esta sociedade, en horario de luns a venres de 19:30 a 22:00, na que vos resolverán calquera dubida que podades ter.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, queremos animaros a que participedes nesta gran iniciativa da S.C.D.R. Helios de Bembrive, pois ademáis de facer deporte, é unha forma de pasar unha mañá entretidos.

No hay comentarios: