jueves, 28 de julio de 2011

Moxenas Musical Galego, no CVC de Valladares

Gaiteiros de gran calidade, estilo e profesionalidade, son os que forman o conxunto Moxenas. Un grupo que representa a cultura galega por todo o mundo, deixando o nome de Vigo e Galicia, alá por donde vai. Se temos que nombrar a uns dos mellores conxuntos de gaiterios de Vigo, non dudaría en dicir Moxenas Musical Galego. Non só se trata da forma de tocar, ou das interpretacións que realizan; tamén hai que destacar o estilo noas vestimentas, as actitudes que teñen mentres tocan, pero tamén cando non o fan.

Cabe dicir, que non soamente teñen gaitas e intrumentos tradicionais, contan con un gran número de clarinetes, saxofóns, piano,...cos cales conseguen darlle un aire máis contempóraneo, a música tradicional galega.
O CVC de Valladares, debido o 4º aniversario do novo centro cultural, leva organizando unha serie de actos o longo dos últimos meses. Entre eles, contarán coa actuación de Moxenas Musical Galego, este sábado 30 de xullo, ás 21:30 da noite.
Este acto terá lugar, gracias o CVC de Valladares, apoiados pola federación Veciñal. Pero tamén gracias a Excelentísima Deputación de Pontevedra.

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, animámolos a que asis tan a este incrible concerto, que terá lugar o sábado 30 de xullo, no CVC de valladares.

No hay comentarios: