jueves, 7 de julio de 2011

Festa do Socio da S.C.D.R. Helios de Bembrive

Este fin de semana, 9 e 10 de xullo, celebrarase en Bembrive a Festa do Socio. Unha perfecta forma de pasar estes días, rodeados de boa xente, e nun lugar cheo de bo ambente e natureza.

Este sábado 9 e domingo 10 de xullo, non habrá mellor lugar, onde pasar o tempo, se non é na carballeria dos Ramallos en Bembrive. Habrá chourizos, sardiñas, música,...
Será unha festa chea de actividades, cunha boa programación na que non lle faltará de nada
a xente que por alí se pase.
As actividades que se levarán a cabo serán:
Sábado, 9 de xullo:
- 10:00 Marcha pedreste; que parte dende a S.C.D.R. Helios
- 14:00 Comida na Carballeira dos Ramallos
- Pola tarde Xogos populares
- 22:00 Serán, no cal habrá chourizos e pan para tódolos participantes

Domingo, 10 de xullo:
- 11:00 A partir de esta hora, repartiránse sardiñas
- 11:30 Misa cantada porla Coral Polifónica Helios
- 12:30 Entrega de trofeos dos xogos sociais
- 13:00 Concerto da Banda de música Ateneo Musical de Bembrive
- Durante toda a tarde, xogos populares e actuacións dos grupos de Bembrive e arredores


Como ven, esta Festa do Socio, organizada pola directiva da S.C.D.R. Helios de Bembrive, non ten perda.

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos a que se acheguen ata Bembrive esta fin de semana, para disfrutar dunha festa animada; a forma perfecta para pasar uns días de verán.

No hay comentarios: