jueves, 21 de julio de 2011

Actos dos próximos días

Folclore, corais,...unha fin de semana chea de actos para distraerse, e disfrutar dos grupos que pertencen a Agrupaciñon de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.Para comezar a fin de semana, o venres 22 de xullo, no museo Verbum de Vigo, actuará a coral Polifónica do Centro Cultural e Artístico de Coia.
Será un concerto para demostrar a calidade desta coral e o mesmo difundir a cultura da nosa cidade, que será realizado no lugar perfecto para isto.

O día seguinte, sábado 23 de xullo, non nos podemos perder a xornada de Folclore, que terá lugar na Praza da Pedra, ás 20 horas.
Pertence o proxecto Caco Vello, e actuarán catro grupos folclóricos de gran importancia:
- A.F. Queixumes
- A.F.Tradicional os Ventos de Comesaña
- A.F. Lembranzas
- A.F. Corisco


Como podedes ver é unha fin de seman chea de cultura, e dende a Agrupación esperamos velos en algúns destes actos.

No hay comentarios: