martes, 28 de febrero de 2012

Talleres para nenos/as na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Nenos e nenas, apetécevos facer máis amigos e amigas, realizar manualidades e aprender moitas máis cousas que as da escola. Pois non tedes maís que convencer os vosos pais, para que os traian os Talleres para nenos/as da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Pais e nais, se queredes ver os vosos fillos divertirse, desarrollar as habilidades motoras e axudalos a sociabilizarse máis. Soamente tedes que achegalos, ata os Talleres que a Agrupación ofrece, para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
Teñen lugar os sábados pola mañán, de 10 a 13 horas, no local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, na Rúa Panamá 2.
Son impartidos por unha profesional, con gran experiencia a hora de traballar cos máis pequenos.
Non o dubidedes, e inscribir os vosos fillos nos Talleres para nenos e nenas da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

No hay comentarios: