jueves, 16 de febrero de 2012

Merdeiros, Meco e o Xogo da Sortella no Vigoentroido 2012

Como xa vimos dicindo, o entroido da cidade de Vigo trátase dunha gran festa. Como en tódolos sitios habrá disfraces, música e moita cor. Pero tamén, habrá elementos que os ditinguen doutros lugares, como o Deus Momo, os merdeiros, o meco e o xogo da sortella. Todos estes elementos foron recollidos das festas de entroido nesta cidade, polo ano 1877. Como se pode ver, ademáis de cousas innovadoras, o Vigoentroido está repleto da tradción viguesa.

Os merdeiros, representan os mariñeiros da Ribeira Viguesa, a vestimenta imita os escabicheiros, persoas do rural que recollían as escabichas e vaciaban os pozos negros .
O propósito, e representar a xenreira que tiñan os labregos e os mariñeiros; e a función dos merdeiros é incordiar a xente do pobo.
O Meco, é unha das figuras sobre a cal se centra o entroido desta cidade. Trátase dunha representación satírica, que mostra as peores cousas dese ano en Vigo ou en España.
No entroido 2011, o Meco representaba o problema das Caixas galegas ¿cal será o meco deste ano? Para sabelo, soamente tedes que achegarvos ato o entroido Vigués, en calquera dos seis días de festa. O Xogo da Sortella, trátase dunha antiga actividade na que un cabaleiro, correndo enriba dun cabalo, enganchaba un aro. Todo o xigo é realizado debaixo dun arco, decorado con moitas cores e formas.

Recorden, que para consultar a programción do Vigoentroido 2012, poden aceder a nosa páxina web: www.centrosculturiasvigo.es

No hay comentarios: