viernes, 24 de febrero de 2012

Baile Moderno, na SCDR Helios de Bembrive

Música, bailaríns e moitas coreografías, que nos axudarán a pasar unha tarde entretida e diferente...todo isto, estará presente o domingo, no auditorio da SCDR Helios de Bembrive; gracias as actuacións de grupos de Baile Moderno. Este domingo, 26 de febreiro, ás 17:30 horas da tarde, terán lugar as actuacións de dous fantásticos grupos de baile moderno. Estes son:
- Grupo de baile moderno de Atlántida de Matamá
- Grupo de baile moderno da SCDR Helios de Bembrive

Os rapaces e rapazas que forman estes grupos, levan tempo preparando esta actuación. Unha vez enriba do esceario, pondrán todo o seu empeño por deslumbrar diante de todo o público alí presente.
Non o dubidedes, e achegádevos este domingo, ata o auditorio da Sociedade Helios de Bembrive, pasaredes unha boa e animada tarde.

No hay comentarios: