jueves, 23 de febrero de 2012

Rematou o Vigoentroido 2012

Foron seis días cheos de festa; seis días nos que non faltou a música, os disfraces,... pero sobre todo o ánimo da xente, por disfrutar do entroido vigués. O Deus Momo, foi o centro do Vigoentroido, invocando a ánimo polo baile e por disfrazarse, o primeiro día de carnaval; e chorando a sua perda, o último día, dando por finalizada esta festa.
Ademáis do Deus Momo e a súa Comitiva Rexia; tamén estiveron presentes os merdeiros, botándolle fariña a todo aquel que non estivese disfrazado, e por suposto O Meco. Esa figura, que representa todo o malo do ano na cidade, para o final do entroido ser queimada. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo queremos dar as grazas, en primer lugar o Concello de Vigo e Concellería de Cultura, por seguir confiando en nós para organizar esta importante festa para a cidade olívica.
En segundo lugar, os voluntarios dos nosos colectivos, que nos axudaron a manter a orde nestes días de festa, nos que queremos que todo sala ben, evitando calquer percance.

Por suposto, tamén dar as garzas a toda esa xente que se achegou para disfrutar do Vigoentroido, pois sen a vosa presenza, o noso traballo sería en van.

Por último, queremos dar a enoraboa a tódalas comparsas e disfraces participantes nos nosos concursos, tanto as gañadoras como as non gañadoras. Pois a Agrupación, sabemos o traballo que conleva organizar unha comparsa, e confecionar os diferentes disfraces que este ano se viron polas rúas de Vigo, os cales esperamos volver a ver, o próximo ano.

No hay comentarios: