martes, 7 de febrero de 2012

Postres típicos no Entroido

Chegadas estas datas, pola nosa cidade podemos ver a decoración das rúas cheas de colorido, a venta de disfraces nas tendas,... pero algo que nunca falla é o cheiro das filloas e das orellas de carnaval, saíndo das nosas casas e das pastelerías. Cada época do ano, cada festividade,... ten unha serie de características, que é o que axuda a diferencialas entre elas. Son un conxunto de cousas que fan especiais as diferentes celebracións do ano.
O entroido, está caracterizada ademáis de polo feito de disfrazarse, polo colorido do que se enchen as ruas, polos desfiles que se organizan en tódalas cidades...pero ademáis polos postres e comidas típicas.
As orellas de carnaval e as filloas, son os postres máis típicos . Cada día, as pastelerías e as casas particulares, amasan quilos e quilos de masa, para que ninguén quede sen probar estas maravillas.
As orellas son cruxientes e dulces, as cales podes comer unha chea delas, sen fartar nunca.As filloas, pódense comer soas ou acompañadas por un monton de cremas ou siropes, segundo o gusto de cada un.
Como podemos comprobar, o entroido é unha época de festa e alegría para o corpo, e para o estómago.

No hay comentarios: