martes, 14 de febrero de 2012

Programación do Vigoentroido 2012

Como xa levamos avisando, o entroido xa chegou. Xa está todo para disfrutar desta gran festa, chea de disfraces, luz, cores e música. O Concello de Vio, xa o ten todo preparado para o que é unha das festas máis importantes da cidade. E ti, ¿xa tes o teu traxe de carnaval? O Vigoentroido, está formado por seis días cheos de festa para os máis pequenos e maiores da casa. Todos podemos participar, no entroido da cidade día de Vigo.
Os días de festa son dende este venres, 17 de febreiro ata o mércores 22 de febreiro. A programación e a seguinte:
- Venres 17:
Pregón, para iniciar esta gran festa. Contaremos con Siniestro Total, como pregoeiros do entroido 2012.
- Sábado 18:
Animación de rúa; concentración da comitiva Rexia e o Deus Momo.
As 18 horas, sairá o desfile de comparsas e carrozas, dende García Barbón, ata Porta do Sol.
As 22:30 horas, orquestas para continuar coa festa na Porta do Sol.
- Domingo 19 e luns 20:
Entroido infantil, animación e actividades para os máispequenos da casa. Na Praza de Compostela.
- Martes 21:
Concurso de Disfraces na Praza de Compostela.
As 22:15 horas, continuamos coa festa a cargo dunha orquesta.
- Mércores 22:
Sepelio do Deus Momo e entrega dos premios dos concursos.

Como poden ver, o Vigoentroido, ten todo o que unha cidade necesita para que os cidadás disfrutemos desta animada festa. Anímense, e non falten o carnaval de Vigo, será inesquecile.

No hay comentarios: