jueves, 2 de febrero de 2012

Talleres para neno/as na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

¿Queres levar os teis fillos a actividades extraescolares? ¿Non sabes onde se poden divertir os sábados pola mañán?...Non o penses máis, e traenos os Talleres para nenos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; seguro que lle gustarán. Manualidades, convivir con outros rapaces, coñecer a compañeiros/as fora do ámbito escolar...todo isto, e moito máis, será o que farán os nenos/as que participen nos Talleres da Agrupación.
Se tes fillos/as, sobriños/as, primos/as...entre 4 e 12 anos, anótaos nesta actividade divertida e entretida para eles, ademáis de educativa.
O horario destes talleres é os sábados pola mañán de 10 a 13 horas. Terán lugar no local da Agrupacion, na rúa Panamá 2. Serán impartidos por unha rapaza experta en traballar cos máis cativos da casa.
Ademáis, faremos desconto por cada neno que traia, canto máis nenos, máis desconto. Pode chegar a conseguir a matrícula dun dos nenos/as, gratis.
Como poden ver, todo son ventaxas. Por iso a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, os animamos a que inscriban os seus pequenos, nos Talleres para Nenos/as.
Para máis información, achéguense ata as nosas instalación, na rúa Panamá 2; ou chamen o noso teléfono:886139670.

No hay comentarios: