miércoles, 15 de febrero de 2012

O Deus Momo no Vigoentroido

Tódalas cidades teñen algo que fai característico a sua festa do entroido. En Verín teñen os peliqueiros; en Brasil, as grandes comparsas con música, baile e cor;...e en Vigo temos o Deus Momo e a Comitiva Rexia que o acompaña. Este ser mitolóxico, é o centro do noso entroido; o que diferencia o carnaval de Vigo, de tódolos demáis. O Deus Momo, trátase dun Deus Grego, que representa o espírito de inculpación malintencionada e crítica inxusta. Vai rodeado de seres infernais e da comitiva Rexia.

A sua presenza é o centro do entroido Vigués, toda a festa rodea a este Deus. O cal sempre aparece acompañado do Rei e da Raíña do entroido, e dos paxes reais, os diaños, o que é chamado a Comitiva Rexia; así como dos campesiños do pobo.A festa dura mentres o Deus Momo vive, pero o martes a noite...o Deus Momo sofre un esvaecemento, e despídese de todo o pobo, coas agallas e carácter que os caracterízan; e dando as grazas polo recibimento que a cidade lle ofreceu.
O pobo cunha gran pena e moitas lágrimas, faille un memorial e chora a sua pérdida, recorrendo as rúas de Vigo, para despedir o Deus do entroido e logo enterrar as súas cinzas.
Desta forma, o espírito descansa do Deus Momo descansa tranquilo, ata o entroido seguinte.

Se queres ver a programación do Vigoentroido 2012, entra na nosa páxina: www.centrosculturaisvigo.es

No hay comentarios: