martes, 17 de enero de 2012

Talleres de Memoria na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo ofrece un novo cursiño, para todo aquel que o desexe. Talleres de memoria para adultos, é a nova actividade que a partir de febreiro se porá en marcha no local da Agrupación. Sente que últimamente olvídanselle as cousas; ten moita información na cabeza pero non consegue organizala..para evitar isto, non ten máis que ir a uns bos Telleres de Memoria.Un bó profesional, axudaralle a recordar con máis facilidade, e saber administrar a sua cabeza.
Achéguese ata a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e inscríbase no noso Taller de Memoria. Este comenzará en febreiro, e será os luns, con horarios de:
- 10:00 a 11:30 horas
- 11.30 a 13:00 horas
- 16:00 a 17:30 horas

Para máis información, ahéguense ata o noso local, na Rúa Panamá nº 2; ou chame o número de teléfono:886139670.

No hay comentarios: