viernes, 13 de enero de 2012

Concerto de Roberto Comesaña Rodríguez, na SCDR Helios de Bembrive

Este sábado, na SCDR Helios de Bembrive, terá lugar un concerto didáctico, a cargo de Roberto Comesaña Rodríguez, un acordeonista de gran éxito; xunto con colaboradores da talla de Lorena Freijeiro, Luis Peixoto, Jesus Alonso e Alexandre Fernández.
Mañán, sábado 14 de xaneiro, ás 20 horas da tardiña, no auditorio da Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive será este gran concerto organizado pola directiva desta Sociedade, para o disfrute de todos nós.
Trátase dun concerto didáctico, cheo de profesionais, que nos farán pasar un bo rato entretidos, escoitando música de calidade.

Este concerto está patrocinado pola: Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo; a Entidade Local Menor de Bembrive; o Concello de Vigo e a Diputación de Pontevedra.

No hay comentarios: