lunes, 9 de enero de 2012

III Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevdra, agradecementos

Máis de 900 rondalleiros participantes, gran afluencia de público, máis de 50 voluntarios,...todo isto e moito máis, é todo o que onte se viviu na terceira edición do Concurso de Rondaias da Diputación de Pontevedra, organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. A directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos dar as nosas felicitacións ás tres rondaias e o conxunto de abandeirados gañador. As cales foron:
- 1º posto: rondaia de Pontellas
- 2º posto: rondaia de Santa Eulalia de Mos
- 3º posto: rondaia de Valladares
- Mellor conxunto de abandeirados: rondaia de Valladares
Ademáis, queremos agradecer a participación das outras rondaias, ás cales fixeron tamén unha espléndida actuación. Ás cales animamos a seguir participando no próximo ano, e seguir mantendo esta bonita tradición.
Dar as grazas tamén, os voluntarios dos nosos colectivos, que nos axudaron a manter a orde e a organización deste concurso; e que sen eles, non sería posible realizar un gran evento como o que onte tivo lugar.
Por suposto, a Agrupación de Centros deportivos e Culturais de Vigo, queremos agradecer a confianza posta en nós, por parte da Excelentísima Diputación de Pontevedra. A cal deixou nas nosas mans, a organización deste Concurso de rondaias, sendo un dos eventos musicais máis importantes de ano.
Sen máis, damos o noso agradecemento a todo o público asistente, esperando que estivesen cómodos e disfrutasen da tarde de rondaias do día de onte.

No hay comentarios: